Foros e encontros
Dende hai uns anos, a Escola de Filosofía da Nova Acrópole en España promove diversos foros e encontros filosóficos virtuais, con temas de singular interese. Esta iniciativa nace como unha forma de celebrar o Día Mundial da Filosofía proclamado pola UNESCO e posteriormente estendeuse a outros momentos singulares do calendario anual.
Os foros virtuais que realizamos reúnen docentes e expertos de diferentes materias que, cun enfoque pedagóxico e entretido, nos achegan, da man da reflexión filosófica e do estudo histórico e antropolóxico, a temas que forman parte do interese de quen procura penetrar nos misterios da vida e do ser humano.