Un ano máis sumámonos ao Día Mundial da Filosofía que no ano 2002 a UNESCO proclamou que se celebrase o terceiro xoves do mes de novembro.
Como Escola de Filosofía que tenta promover o exercicio da reflexión, o compromiso coa procura da verdade e a coherencia ética no noso comportamento, levamos moitos anos celebrando este día cun foro onde numerosos relatores abordan temas de interese filosófico e humanístico. .
Nesta ocasión o tema central é un tema de gran importancia e relevancia no noso século.
CARA A UNIDADE A TRAVÉS DA DIVERSIDADE
A unidade non exclúe a diversidade como a diversidade non debe excluír a unidade.
Isto é especialmente importante se aspiramos a unha humanidade en convivencia en desenvolvemento plenamente humano. A unidade e a humanidade á que aspiramos non debe consistir nunha uniformización e homoxeneización que destrúe e englobe diversidades e diferenzas culturais e individuais, senón que debe ser capaz de acoller en si mesmas diversidades e singularidades. A sociedade universal debe basearse na diversidade e non na homoxeneidade, pero é necesario recoñecer os elementos de Unión, os elementos comúns, se queremos acadar a verdadeira Fraternidade.
Estes e outros enfoques serán obxecto de reflexión e de estudo en profundidade nas diferentes ponencias.
A filosofía fainos profundos, tremendamente humanos e libres.
Conferencias e encontros virtuais